A Audiencia de Palma nega a doutrina Botín á infanta Cristina, que sentará no banco dos acusados durante todo o xuízo.

A Audiencia de Palma nega a doutrina Botín á infanta Cristina, que sentará no banco dos acusados durante todo o xuízo.
O expresidente da CEOE admite que roubou máis de 4 millóns de euros da súa empresa, Marsans.
Galicia non acolleu polo momento ningunha das 18 persoas refuxiadas que chegaron a territorio español a través da Administración autonómica. Feijóo comprometera a acollida de 300, pero polo momento as que chegaron fixérono a través de concellos como o da Coruña. Recólleo Faro de Vigo.
O xulgado do caso Alvia encargarase de instruír a investigación sobre as monxas presuntamente retidas no convento compostelán das Mercedarias, tras ser enviado ao correspondente reparto.
Comezan as obras de instalación do sistema ERTMS na liña de tren entre A Coruña e Vigo. Tamén na entrada da estación de Santiago, incluída a curva da Grandeira onde en 2013 se produciu o accidente do Alvia, que este equipamento podería ter evitado.
O grupo Bitraga, da Universidade de Vigo, contabiliza 4.603 traducións de obras literarias doutras linguas cara ao galego dende o ano 1980. E 1.540 traducións a outras linguas de obras escritas en galego.
A DGT non inclúe ningunha estrada galega entre as primeiras 46 Rutas Ciclistas Seguras, nas que -en certas horas do día- se reducirá o límite de velocidade permitida.
ÚLTIMA HORA José Manuel Baltar, citado como investigado por presunto suborno xunto á muller que o denunciou por presuntamente ofrecerlle traballo a cambio de sexo. A xuíza aprecia en ambos indicios do devandito delito. Máis información, hoxe en Praza.
O fotoxornalista Gabriel Tizón participará esta tarde nun encontro no Centro Cívico da Ponte (Eulogio Gómez Franqueira, 43, Ourense). Tizón presenta o Proxecto Muros, no que a través das súas imaxes e dos textos escritos polos propio refuxiados retrata a súa chegada a Europa e o seu tránsito polo continente. Volve ler a entrevista que lle fixemos en Praza.
A Garda Civil non atopa ningunha irregularidade nas contas de Besteiro tras revisalas por orde da xuíza De Lara. Recólleo La Voz