Gandeiros concéntranse ante Lactalis por non trasladar a suba dos prezos da distribución ás explotacions. A protesta celébrase ante a sede da compañía en Vilalba. Foto de @unions_agrarias
Fálase
O Celta enfrontarase ao Sevilla nas semifinais da Copa do Rei. A ida xogarase o 3 de febreiro na capital andaluza e a volta o 10 do mesmo mes en Balaídos.
A Audiencia de Palma nega a doutrina Botín á infanta Cristina, que sentará no banco dos acusados durante todo o xuízo.
O expresidente da CEOE admite que roubou máis de 4 millóns de euros da súa empresa, Marsans.
Galicia non acolleu polo momento ningunha das 18 persoas refuxiadas que chegaron a territorio español a través da Administración autonómica. Feijóo comprometera a acollida de 300, pero polo momento as que chegaron fixérono a través de concellos como o da Coruña. Recólleo Faro de Vigo.
O xulgado do caso Alvia encargarase de instruír a investigación sobre as monxas presuntamente retidas no convento compostelán das Mercedarias, tras ser enviado ao correspondente reparto.
Comezan as obras de instalación do sistema ERTMS na liña de tren entre A Coruña e Vigo. Tamén na entrada da estación de Santiago, incluída a curva da Grandeira onde en 2013 se produciu o accidente do Alvia, que este equipamento podería ter evitado.
O grupo Bitraga, da Universidade de Vigo, contabiliza 4.603 traducións de obras literarias doutras linguas cara ao galego dende o ano 1980. E 1.540 traducións a outras linguas de obras escritas en galego.
A DGT non inclúe ningunha estrada galega entre as primeiras 46 Rutas Ciclistas Seguras, nas que -en certas horas do día- se reducirá o límite de velocidade permitida.
ÚLTIMA HORA José Manuel Baltar, citado como investigado por presunto suborno xunto á muller que o denunciou por presuntamente ofrecerlle traballo a cambio de sexo. A xuíza aprecia en ambos indicios do devandito delito. Máis información, hoxe en Praza.