O Concello da Coruña celebrou este sábado o primeiro dos encontros 'Dillo ti' entre o goberno local e veciñanza dos barrios. Neste primeiro acto, no centro cívico San Diego, abordáronse a preguntas dos presentes asuntos como a revisión das liñas de autobuses, os tributos locais ou o servizo de axuda no fogar, entre outros aspectos.
