A comunidade galega que traduce Ubuntu logra situar o galego no máis alto da clasificación de traducións, co 100% dos contidos na nosa lingua. Cóntao O meu Ubuntinho
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/52de60116b048-seleccic3b3n_0011.png)
A comunidade galega que traduce Ubuntu logra situar o galego no máis alto da clasificación de traducións, co 100% dos contidos na nosa lingua. Cóntao O meu Ubuntinho
A Xunta achegoulle 30.000 euros á canle televisiva da Igrexa, 13 TV, para a "promoción do turismo galego". A emisora apenas supera o 1% de audiencia en todo o Estado.
Remata na Coruña o acto do BNG na defensa do dereito ao aborto, na que a organización nacionalista presentou tamén a súa campaña para rexeitar a contrarreforma da actual lei.
Xa se está a desenvolver na Coruña o acto O 21 todos contra o 21, que denuncia a suba do IVE cultural. Toda a información, hoxe en Praza.
A Unió de Periodistes da Comunitat Valenciana denuncia o incremento das presións a TVE por parte do Goberno autonómico tras o peche de Canal 9. A organización profesional coida que o Executivo do PP tenta que a canle estatal substitúa a desaparecida autonómica. En El Diario.
O Goberno de Balears xa multa os colexios que penduren a senyera catalá da súa fachada. O Executivo do PP sanciona con 10.000 euros as direccións dos centros. En El País.
Un vídeo apoia a campaña "Eu elixo 100% pública", que denuncia a "privatización encuberta" da sanidade e as derivacións de pacientes.
Genbeta analiza en 5 claves a sentenza xudicial que obrigou a retirarlle a conexión a Internet a un usuario de R por intercambiar arquivos a través de P2P. Sinala que o usuario "non se puido defender" e cualifica de "desproporcionada".
Imputado en tres causas urbanísticas o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla (PP). Solla lamentou a actuación xudicial: “Aquí imputan a un por nada”.
O Goberno estuda que os autónomos coticen en función dos seus beneficios. A maior parte dos autónomos que agora pagan a cota mínima (261 euros ao mes) terían que pagar máis