Genbeta analiza en 5 claves a sentenza xudicial que obrigou a retirarlle a conexión a Internet a un usuario de R por intercambiar arquivos a través de P2P. Sinala que o usuario "non se puido defender" e cualifica de "desproporcionada".
Fálase
Imputado en tres causas urbanísticas o alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla (PP). Solla lamentou a actuación xudicial: “Aquí imputan a un por nada”.
O Goberno estuda que os autónomos coticen en función dos seus beneficios. A maior parte dos autónomos que agora pagan a cota mínima (261 euros ao mes) terían que pagar máis
Nunha entrevista en Antena3 Mariano Rajoy defende a infanta Cristina e di "confiar" na súa inocencia: "iralle ben". Tamén enxalza os ministros Montoro, Soria, Wert e Gallardón por "valentes" e afirma que os apoiará "sempre".
O FROB destitúe a todo o consello de administración de Novagalicia Banco e dirixirá directamente a entidade ata que Banesco se faga definitivamente cargo dela.
“Sen axuda pública en seis meses periga o programa aeroespacial da Universidade de Vigo", salienta o vicerreitor de Transferencia da UVigo.
A Coruña acollerá este martes 21 de xaneiro un acto titulado O 21 todos contra o 21 para protestar "pola brutal subida do IVE cultural". A acción da Coruña será un acto simbólico protagonizado pola Santa Compaña do ocio e a cultura, que visitará a Delegación de Facenda na cidade.
TVE vendeu a televisións estranxeiras imaxes falsas das protestas de Gamonal. Aparecían coches queimados en Lasarte pero a televisión pública di que foi un "erro humano".
Un cliente de R, primeiro desconectado de Internet do Estado por orde xudicial en aplicación da lei de propiedade intelectual. Recólleo bandaancha.eu
Facenda investiga a fuxida de empresas e grandes fortunas de Galicia para aforrar impostos. Máis de 150 compañías galegas fixaron a súa sede social en Madrid desde 2010.