Nunha entrevista en Antena3 Mariano Rajoy defende a infanta Cristina e di "confiar" na súa inocencia: "iralle ben". Tamén enxalza os ministros Montoro, Soria, Wert e Gallardón por "valentes" e afirma que os apoiará "sempre".
Fálase
O FROB destitúe a todo o consello de administración de Novagalicia Banco e dirixirá directamente a entidade ata que Banesco se faga definitivamente cargo dela.
“Sen axuda pública en seis meses periga o programa aeroespacial da Universidade de Vigo", salienta o vicerreitor de Transferencia da UVigo.
A Coruña acollerá este martes 21 de xaneiro un acto titulado O 21 todos contra o 21 para protestar "pola brutal subida do IVE cultural". A acción da Coruña será un acto simbólico protagonizado pola Santa Compaña do ocio e a cultura, que visitará a Delegación de Facenda na cidade.
TVE vendeu a televisións estranxeiras imaxes falsas das protestas de Gamonal. Aparecían coches queimados en Lasarte pero a televisión pública di que foi un "erro humano".
Un cliente de R, primeiro desconectado de Internet do Estado por orde xudicial en aplicación da lei de propiedade intelectual. Recólleo bandaancha.eu
Facenda investiga a fuxida de empresas e grandes fortunas de Galicia para aforrar impostos. Máis de 150 compañías galegas fixaron a súa sede social en Madrid desde 2010.
Garavilla non garante o emprego en Cuca se regresa a Vilaxoán. A empresa di que esgotará as alternativas xurídicas ao seu alcance para recorrer a sentenza do TSXG.
85 ricos suman tanto diñeiro como 3.570 millóns de pobres no mundo, segundo un informe de Itermón-Oxfam. A metade da riqueza está en mans do 1% da poboación.
A Xunta elimina o sistema que conectaba os equipos de emerxencia tras as críticas ao operativo en Angrois.