Un cliente de R, primeiro desconectado de Internet do Estado por orde xudicial en aplicación da lei de propiedade intelectual. Recólleo bandaancha.eu
Fálase
Facenda investiga a fuxida de empresas e grandes fortunas de Galicia para aforrar impostos. Máis de 150 compañías galegas fixaron a súa sede social en Madrid desde 2010.
Garavilla non garante o emprego en Cuca se regresa a Vilaxoán. A empresa di que esgotará as alternativas xurídicas ao seu alcance para recorrer a sentenza do TSXG.
85 ricos suman tanto diñeiro como 3.570 millóns de pobres no mundo, segundo un informe de Itermón-Oxfam. A metade da riqueza está en mans do 1% da poboación.
A Xunta elimina o sistema que conectaba os equipos de emerxencia tras as críticas ao operativo en Angrois.
O catedrático de Estrutura Económica da Universidade Ramón Llull, Santiago Niño Becerra, defende a Renda Básica universal "para manter a paz social"
Un milleiro de persoas maniféstanse na Coruña ante a sede da Axencia Tributaria en favor do Dépor e demandando un "acordo xusto" para o clube
Unha manifestación contra o aborto en París reúne 40 mil persoas poñendo España "como exemplo"
Patxi López apraza até setembro a súa decisión sobre se se presentará ás primarias do PSOE. Nunha entrevista salienta tamén a figura de Eduardo Madina.
Público entrevista os autores do libro sobre O Xefe de Burgos: “É difícil achar algo en Burgos onde non teña intereses Méndez Pozo"