Un grupo armado toma as sedes do Parlamento e o Goberno de Crimea. O ministro de Interior de Ucraína pon en estado de alerta ás tropas e á policía.
Fálase
Greenpeace amordaza os leóns do Congreso dos Deputados para protestar contra a lei anti protesta que prepara o Goberno e que considera "un torpedo directo á liña de frotación do sistema de liberdades: o dereito á libre expresión e o dereito de reunión e manifestación.
Ás 10:00 comparece no Parlamento o director xeral da CRTVG para explicar, a petición de AGE e BNG, por que a empresa decidiu controlar o correo electrónico do seu persoal. Así o adiantou Praza Pública.
A veciñanza compostelá de Galeras, que rexeita a construción dun acceso a un aparcadoiro sobre o seu parque, mobilízase esta tarde xunto a outros colectivos veciñais da cidade
Adidas retira dous modelos de camisola tras unha protesta do Goberno brasileiro, que creu que asociaban o país ao turismo sexual. Cóntao o xornal portugués Público
Unha vogal do CGPJ pide a retirada do anteproxecto de contrarreforma da lei do aborto por "converter a muller nun instrumento ao servizo da maternidade". Cóntao a Cadena SER
O Vaticano prepara o relevo de Rouco Varela e dos seus afíns na Conferencia Episcopal Española. Cóntao El Diario.
O PSOE pedirá no Congreso a retirada do programa Entre Todos de TVE.
A xuíza da Pokémon sospeita de dupla compatibilidade no servizo de ORA da Coruña. En Faro de Vigo
Arquivada a denuncia contra o alcalde de Lugo polos pluses a altos funcionarios do Concello.