Unha vogal do CGPJ pide a retirada do anteproxecto de contrarreforma da lei do aborto por "converter a muller nun instrumento ao servizo da maternidade". Cóntao a Cadena SER
Fálase
O Vaticano prepara o relevo de Rouco Varela e dos seus afíns na Conferencia Episcopal Española. Cóntao El Diario.
O PSOE pedirá no Congreso a retirada do programa Entre Todos de TVE.
A xuíza da Pokémon sospeita de dupla compatibilidade no servizo de ORA da Coruña. En Faro de Vigo
Arquivada a denuncia contra o alcalde de Lugo polos pluses a altos funcionarios do Concello.
O BNG de Santiago organiza unha recollida de sinaturas para esixir a dimisión dos e das dirixentes municipais presuntamente implicados en casos de corrupción.
O CiTIUS da USC organiza este xoves no Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) o I Reto Tecnolóxico de Programación. Os participantes deberán superar unha proba de programación tradicional (secuencial) e outra de programación paralela.
Bárcenas defraudou 11,5 millóns á Facenda pública dende o ano 2000, segundo un informe da Axencia Tributaria que recolle a Cadena SER
O naval de Ferrol volve á rúa tras o "anuncio virtual" do ministro Montoro. Os traballadores aprobaron un novo calendario de protestas nunha asemblea.
Unha concentración rexeita ante o Concello de Lugo o asasinato de María Luisa Jiménez, última vítima da violencia machista en Galicia. No inicio do pleno do Parlamento gardouse un minuto de silencio na memoria da falecida.