Unha versión de Negra sombra, interpretada pola Coral Ruada, forma parte da banda sonora do filme da HBO Hemingway & Gellhorn, protagonizado por Nicole Kidman e Clive Owen, e que se estrea hoxe
Fálase
Krahe asegura que se o condenan, exiliarase a Francia. O cantautor está sendo xulgado por "atentar contra os sentimentos relixiosos" por un vídeo
O PSdeG reclama a comparecencia de Feijóo na Cámara para pedir "o mesmo nivel de salvamento" de Bankia para NCG Banco. O BNG pide a comparecencia de Rajoy para explicar a inxección de cartos públicos na entidade madrileña. Máis información esta tarde en Praza.
A débeda de Galicia aumentou un 16,73% en 2011, até alcanzar os 3.536 millóns.
#Rajoy O presidente do Goberno non aclara como se recapitalizará Bankia, pero non nega que se vaia facer con débeda pública e non a través do FROB. Ademais, confirma que non haberá comisión de investigación ningunha sobre a crise da entidade madrileña.
#Rajoy "O investimento nos bancos non vai afectar aos próximos presupostos", di Rajoy, que aclara que aínda "están estudando o procedemento", pero que "non vai afectar". "Se cae a banca, cae o país", asegura.
#Rajoy "Non vai haber ningún rescate á banca española", di con contundencia o presidente do Goberno ao ser preguntado pola crise bancaria no Estado.
#Rajoy O xefe do Executivo central resume en cinco puntos os obxectivos inmediatos do seu Goberno: control de déficit, máis reformas estruturais en España, petición de reformas no conxunto da UE, sostibilidade da débeda e a aposta radical polo euro.
#Rajoy O presidente do Goberno insiste en apelar a Europa e en pedir "unha maior integración fiscal, monetaria e política da UE", tras solicitar unha defensa do euro "como algo irreversible"
#Rajoy "Cunha prima de risco con 500 puntos básicos é moi difícil financiarse, así que hai que arranxar a financiación e a sostibilidade da débeda", di Rajoy, que esixe a Europa "unha aposta clara, contundente e enérxica que resolva calquera dúbida sobre o euro".