#Rajoy O presidente do Goberno insiste en apelar a Europa e en pedir "unha maior integración fiscal, monetaria e política da UE", tras solicitar unha defensa do euro "como algo irreversible"
Fálase
#Rajoy "Cunha prima de risco con 500 puntos básicos é moi difícil financiarse, así que hai que arranxar a financiación e a sostibilidade da débeda", di Rajoy, que esixe a Europa "unha aposta clara, contundente e enérxica que resolva calquera dúbida sobre o euro".
#Rajoy "España ten que seguir avanzando pola senda da redución do déficit", di na súa comparecencia Rajoy, que anuncia novas reformas nos vindeiros meses e que solicita tamén reformas na UE para lograr "unha maior integración de mercados".
O número de parados que deixou o seu emprego haí tres anos ou máis aumentou un 43% no ano 2011, segundo os últimos datos do INE. Máis información esta tarde en Praza.
Coa prima de risco en máximos históricos (a esta hora mantense por riba dos 500 puntos) e con Bankia en caída libre na bolsa o presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, comparecerá en rolda de prensa. Será ás 13:00 na sede do PP da madrileña rúa de Génova.
As declaracións nas que Feijóo consideraba que facer a cama ou dar o xantar "non é sanidade pública" irritan a oposición parlamentaria. Toda a información, esta mañá en Praza.
Grecia vive hoxe un "apagamento informativo" a consecuencia da folga de vinte e catro horas dos xornalistas do país en protesta polos recortes. En 233 grados.
Javier Krahe será xulgado hoxe por atentar "contra os sentimientos relixiosos" polo seu vídeo, emitido en Canal+, Como cociñar un Cristo para dúas persoas
A débeda do Estado en circulación aumentou un 10,2% en 2011, até superar os 580.000 millóns de euros, un incremento inferior ao rexistrado en 2010, segundo a Memoria do Mercado de Débeda Pública.
O gasto en intereses da débeda das autonomías duplicarase en tres anos. O custo financeiro chegará até os 9.000 millóns de euros, o que obrigará a realizar máis recortes.