A débeda do Estado en circulación aumentou un 10,2% en 2011, até superar os 580.000 millóns de euros, un incremento inferior ao rexistrado en 2010, segundo a Memoria do Mercado de Débeda Pública.
Fálase
O gasto en intereses da débeda das autonomías duplicarase en tres anos. O custo financeiro chegará até os 9.000 millóns de euros, o que obrigará a realizar máis recortes.
A inxección de cartos públicos aos bancos españois ocupou a apertura da portada da edición do Wall Street Journal a pasada fin de semana
A plataforma SOS Sanidade Pública presenta mañá a manifestación que convoca en Compostela para o vindeiro 3 de xuño "contra os recortes e a privatización da Sanidade Pública Galega"
O PP catalán prepara unha campaña antisoberanista para setembro. En Ara.
La Información amosa nunha gráfica a evolución do financiamento autonómico dende o seu inicio ata a actualidade. Pasou do 3,5% ao 15% do PIB estatal.
O MGS sintetiza nun vídeo algúns dos momentos máis destacados da súa asemblea nacional, celebrada a pasada fin de semana, na que decidiron a súa constitución en partido co BNG como referente único
Para completar unha magnífica fin de semana para o deporte galego, o Frigoríficos de Cangas celebrou o seu regreso á Liga Asobal de balonmán, despois de vencer 27-25 ao Villa de Aranda
O PSOE pedirá en todos os concellos que se lle cobre o IBI á Igrexa, segundo anunciou este domingo o seu secretario de Organización, Óscar López
A bolsa española abre en vermello, con Bankia caendo un 27% e a prima de risco por riba dos 500 puntos