O MGS sintetiza nun vídeo algúns dos momentos máis destacados da súa asemblea nacional, celebrada a pasada fin de semana, na que decidiron a súa constitución en partido co BNG como referente único
Fálase
Para completar unha magnífica fin de semana para o deporte galego, o Frigoríficos de Cangas celebrou o seu regreso á Liga Asobal de balonmán, despois de vencer 27-25 ao Villa de Aranda
O PSOE pedirá en todos os concellos que se lle cobre o IBI á Igrexa, segundo anunciou este domingo o seu secretario de Organización, Óscar López
A bolsa española abre en vermello, con Bankia caendo un 27% e a prima de risco por riba dos 500 puntos
O 28 de maio de 1987 o piloto alemán de 19 anos Mathias Rust aterrou na Praza Roxa coa súa avioneta, despois de viaxar dende Helsinki
O Consello de Seguridade da ONU, íncluídos Rusia e China, culpa o goberno Sirio da mantanza de 116 civís que tivo lugar o venres
As portadas deste luns salientan o éxito do deporte galego: o ascenso do Dépor, a vitoria do Celta, a Copa de Europa do Liceo e o regreso do Ourense a 2ªB
WordPress, Reddit, Mozilla, Imgur e outras empresas e organizacións vencelladas ao activismo na rede crean a Liga para a Defensa de Internet, co obxectivo de actuar cando a liberdade da rede estea ameazada.
Hóquei a patíns. O Liceo proclámase campeón europeo por segunda vez consecutiva ao derrotar na final o Barcelona por 4 goles a 2. Os tantos liceístas foron obra de de Lamas, Barreiros e por dúas veces Bargalló, que foi a auténtica figura do partido. Con este, son xa seis os títulos liceístas na máxima competición europea.
O plantel do Deportivo da Coruña disponse a iniciar o percorrido polas rúas da cidade. Na noite do ascenso o club coruñés substituíu os contidos da súa web por esta imaxe para celebrar o retorno a Primeira