WordPress, Reddit, Mozilla, Imgur e outras empresas e organizacións vencelladas ao activismo na rede crean a Liga para a Defensa de Internet, co obxectivo de actuar cando a liberdade da rede estea ameazada.
Fálase
Hóquei a patíns. O Liceo proclámase campeón europeo por segunda vez consecutiva ao derrotar na final o Barcelona por 4 goles a 2. Os tantos liceístas foron obra de de Lamas, Barreiros e por dúas veces Bargalló, que foi a auténtica figura do partido. Con este, son xa seis os títulos liceístas na máxima competición europea.
O plantel do Deportivo da Coruña disponse a iniciar o percorrido polas rúas da cidade. Na noite do ascenso o club coruñés substituíu os contidos da súa web por esta imaxe para celebrar o retorno a Primeira
Ascenso a Primeira. O Deportivo proclámase campeón e confirma o ascenso á Primeira División tras vencer ao Huesca por 2 a 1, con goles de Riki e Xisco. Pola súa banda, o Celta gañou en Tarragona 1 a 2 con goles de Iago Aspas e Insa, polo que fica nunha situación inmellorable para ascender na próxima xornada, na que lle abonda con empatar na casa fronte ao Córdoba. O Valladolid non pasou do empate no campo do Alcorcón.
Fútbol. O CD Ourense volveu a vencer o Laudio, desta volta por 1 a 0, e confirma o ascenso a Segunda División B. A cidade das Burgas segue de festa despois de que o venres o Club Ourense Baloncesto tamén asegurase o retorno á LEB Ouro.
Pachi Vázquez esixe o saneamento de Bankia con débeda pública. No Congreso dos socialistas de Lugo, o líder do PSdeG argumenta que "se hai" cartos para a entidade madrileña "ten que haber para todos", pero subliña que o seu partido quere "un banco público galego".
Balonmán. Na final polo ascenso á Liga ASOBAL, o Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo logrou o ascenso á máxima categoría do balonmán estatal tras vencer (27-25) ante o Villa de Aranda. (CORRIXIDO)
Fútbol. Na fase de ascenso a Segunda B, cara para o Cerceda, que pasa á seguinte ronda e se une ao Alondras, clasificado onte. E cruz para o Pontevedra, eliminado tras perder 3 a 0 no campo do Espanyol B. Hoxe á tarde, o Ourense pode confirmar o ascenso directo no Couto.
O Goberno igresará até 30.000 millóns cun plan de privatizacións que aprobará antes deste verán. Os cartos destinaranse a amortizar a débeda.
O Fiscal Anticorrupción ordena recompilar as investigacións contra bancos e caixas en todo o Estado. Xa ten abertas dilixencias contra os ex directivos de Novacaixagalicia.