O Goberno igresará até 30.000 millóns cun plan de privatizacións que aprobará antes deste verán. Os cartos destinaranse a amortizar a débeda.
Fálase
O Fiscal Anticorrupción ordena recompilar as investigacións contra bancos e caixas en todo o Estado. Xa ten abertas dilixencias contra os ex directivos de Novacaixagalicia.
O BNG propón asegurar os cartos de quen compre casas novas se estas non se chegan a entregar. O Bloque vén de rexistrar a iniciativa no Congreso.
#pechehistoria Os estudantes pechados na Facultade de Historia da USC piden ao estudantado que se "una á loita". Nun manifesto feito público tras unha asemblea, os mozos posiciónanse "contra as medidas que favorecen a elitización e a privatización do ensino namentres se manteñen ou incrementan as concesións ao ensino privado".
Fútbol sala. O equipo compostelán do Autos Lobelle cae eliminado nos cuartos de final polo título, tras perder novamente contra o Caja Segovia, desta vez fóra da casa e por 4 goles a 2. Ademais dos casteláns, FC Barcelona Alusport e Inter Movistar tamén se clasificaron para a ronda semifinal, mentres que El Pozo e Unacom Zaragoza terán que decidir o pase no terceiro e definitivo partido da serie.
Novagalicia Banco reabre as súas oficinas de Moaña, que pechara polo conflito das preferentes. "Obtivemos garantías suficientes para volver abrir", di a entidade.
O Balonmán Cangas xogará este domingo a final para retornar á Liga Asobal logo de vencer o Gijón (21-20) no Gatañal. En categoría feminina, o Guardés fai historia e ascende á elite.
Fútbol. O Lugo segue adiante na súa loita por subir a Segunda División tras empatar en Eibar (0-0) e facer bo o 1-0 da ida. O Alondras tamén continúa loitando por ascender a 2ªB logo de gañar 2-0 ao Cayón.
Hockey sobre patíns. O Liceo vence na semifinal da Copa de Europa ao Valdagno (5-3) e xogará a súa segunda final consecutiva, desta vez ante o Barça. O equipo coruñés busca revalidar o título acadado o ano pasado.
Gómez Besteiro, elixido por aclamación novo secretario provincial do PSdeG de Lugo. "Recuperar a Xunta é o obxectivo inmediato", proclama o presidente da Deputación, que pide "unidade clara e traballo continuo" para conseguilo.