Fútbol. O CD Ourense volveu a vencer o Laudio, desta volta por 1 a 0, e confirma o ascenso a Segunda División B. A cidade das Burgas segue de festa despois de que o venres o Club Ourense Baloncesto tamén asegurase o retorno á LEB Ouro.
Fálase
Pachi Vázquez esixe o saneamento de Bankia con débeda pública. No Congreso dos socialistas de Lugo, o líder do PSdeG argumenta que "se hai" cartos para a entidade madrileña "ten que haber para todos", pero subliña que o seu partido quere "un banco público galego".
Balonmán. Na final polo ascenso á Liga ASOBAL, o Balonmán Cangas Frigoríficos do Morrazo logrou o ascenso á máxima categoría do balonmán estatal tras vencer (27-25) ante o Villa de Aranda. (CORRIXIDO)
Fútbol. Na fase de ascenso a Segunda B, cara para o Cerceda, que pasa á seguinte ronda e se une ao Alondras, clasificado onte. E cruz para o Pontevedra, eliminado tras perder 3 a 0 no campo do Espanyol B. Hoxe á tarde, o Ourense pode confirmar o ascenso directo no Couto.
O Goberno igresará até 30.000 millóns cun plan de privatizacións que aprobará antes deste verán. Os cartos destinaranse a amortizar a débeda.
O Fiscal Anticorrupción ordena recompilar as investigacións contra bancos e caixas en todo o Estado. Xa ten abertas dilixencias contra os ex directivos de Novacaixagalicia.
O BNG propón asegurar os cartos de quen compre casas novas se estas non se chegan a entregar. O Bloque vén de rexistrar a iniciativa no Congreso.
#pechehistoria Os estudantes pechados na Facultade de Historia da USC piden ao estudantado que se "una á loita". Nun manifesto feito público tras unha asemblea, os mozos posiciónanse "contra as medidas que favorecen a elitización e a privatización do ensino namentres se manteñen ou incrementan as concesións ao ensino privado".
Fútbol sala. O equipo compostelán do Autos Lobelle cae eliminado nos cuartos de final polo título, tras perder novamente contra o Caja Segovia, desta vez fóra da casa e por 4 goles a 2. Ademais dos casteláns, FC Barcelona Alusport e Inter Movistar tamén se clasificaron para a ronda semifinal, mentres que El Pozo e Unacom Zaragoza terán que decidir o pase no terceiro e definitivo partido da serie.
Novagalicia Banco reabre as súas oficinas de Moaña, que pechara polo conflito das preferentes. "Obtivemos garantías suficientes para volver abrir", di a entidade.