O número de parados que deixou o seu emprego haí tres anos ou máis aumentou un 43% no ano 2011, segundo os últimos datos do INE. Máis información esta tarde en Praza.
Fálase
Coa prima de risco en máximos históricos (a esta hora mantense por riba dos 500 puntos) e con Bankia en caída libre na bolsa o presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, comparecerá en rolda de prensa. Será ás 13:00 na sede do PP da madrileña rúa de Génova.
As declaracións nas que Feijóo consideraba que facer a cama ou dar o xantar "non é sanidade pública" irritan a oposición parlamentaria. Toda a información, esta mañá en Praza.
Grecia vive hoxe un "apagamento informativo" a consecuencia da folga de vinte e catro horas dos xornalistas do país en protesta polos recortes. En 233 grados.
Javier Krahe será xulgado hoxe por atentar "contra os sentimientos relixiosos" polo seu vídeo, emitido en Canal+, Como cociñar un Cristo para dúas persoas
A débeda do Estado en circulación aumentou un 10,2% en 2011, até superar os 580.000 millóns de euros, un incremento inferior ao rexistrado en 2010, segundo a Memoria do Mercado de Débeda Pública.
O gasto en intereses da débeda das autonomías duplicarase en tres anos. O custo financeiro chegará até os 9.000 millóns de euros, o que obrigará a realizar máis recortes.
A inxección de cartos públicos aos bancos españois ocupou a apertura da portada da edición do Wall Street Journal a pasada fin de semana
A plataforma SOS Sanidade Pública presenta mañá a manifestación que convoca en Compostela para o vindeiro 3 de xuño "contra os recortes e a privatización da Sanidade Pública Galega"
O PP catalán prepara unha campaña antisoberanista para setembro. En Ara.