As declaracións nas que Feijóo consideraba que facer a cama ou dar o xantar "non é sanidade pública" irritan a oposición parlamentaria. Toda a información, esta mañá en Praza.
Fálase
Grecia vive hoxe un "apagamento informativo" a consecuencia da folga de vinte e catro horas dos xornalistas do país en protesta polos recortes. En 233 grados.
Javier Krahe será xulgado hoxe por atentar "contra os sentimientos relixiosos" polo seu vídeo, emitido en Canal+, Como cociñar un Cristo para dúas persoas
A débeda do Estado en circulación aumentou un 10,2% en 2011, até superar os 580.000 millóns de euros, un incremento inferior ao rexistrado en 2010, segundo a Memoria do Mercado de Débeda Pública.
O gasto en intereses da débeda das autonomías duplicarase en tres anos. O custo financeiro chegará até os 9.000 millóns de euros, o que obrigará a realizar máis recortes.
A inxección de cartos públicos aos bancos españois ocupou a apertura da portada da edición do Wall Street Journal a pasada fin de semana
A plataforma SOS Sanidade Pública presenta mañá a manifestación que convoca en Compostela para o vindeiro 3 de xuño "contra os recortes e a privatización da Sanidade Pública Galega"
O PP catalán prepara unha campaña antisoberanista para setembro. En Ara.
La Información amosa nunha gráfica a evolución do financiamento autonómico dende o seu inicio ata a actualidade. Pasou do 3,5% ao 15% do PIB estatal.
O MGS sintetiza nun vídeo algúns dos momentos máis destacados da súa asemblea nacional, celebrada a pasada fin de semana, na que decidiron a súa constitución en partido co BNG como referente único