#Rajoy "España ten que seguir avanzando pola senda da redución do déficit", di na súa comparecencia Rajoy, que anuncia novas reformas nos vindeiros meses e que solicita tamén reformas na UE para lograr "unha maior integración de mercados".
Fálase
O número de parados que deixou o seu emprego haí tres anos ou máis aumentou un 43% no ano 2011, segundo os últimos datos do INE. Máis información esta tarde en Praza.
Coa prima de risco en máximos históricos (a esta hora mantense por riba dos 500 puntos) e con Bankia en caída libre na bolsa o presidente do Goberno central, Mariano Rajoy, comparecerá en rolda de prensa. Será ás 13:00 na sede do PP da madrileña rúa de Génova.
As declaracións nas que Feijóo consideraba que facer a cama ou dar o xantar "non é sanidade pública" irritan a oposición parlamentaria. Toda a información, esta mañá en Praza.
Grecia vive hoxe un "apagamento informativo" a consecuencia da folga de vinte e catro horas dos xornalistas do país en protesta polos recortes. En 233 grados.
Javier Krahe será xulgado hoxe por atentar "contra os sentimientos relixiosos" polo seu vídeo, emitido en Canal+, Como cociñar un Cristo para dúas persoas
A débeda do Estado en circulación aumentou un 10,2% en 2011, até superar os 580.000 millóns de euros, un incremento inferior ao rexistrado en 2010, segundo a Memoria do Mercado de Débeda Pública.
O gasto en intereses da débeda das autonomías duplicarase en tres anos. O custo financeiro chegará até os 9.000 millóns de euros, o que obrigará a realizar máis recortes.
A inxección de cartos públicos aos bancos españois ocupou a apertura da portada da edición do Wall Street Journal a pasada fin de semana
A plataforma SOS Sanidade Pública presenta mañá a manifestación que convoca en Compostela para o vindeiro 3 de xuño "contra os recortes e a privatización da Sanidade Pública Galega"