O Goberno aprobará o venres a prohibición de realizar pagos en efectivo de máis de 2.500 euros. A infracción castigarase cunha multa do 25% da cantidade abonada.
Fálase
Mentres, o Financial Times abre a súa portada falando de que hai cada vez máis temor a que España sexa o cuarto país da UE rescatado, despois de Grecia, Irlanda e Portugal.
A prensa, progresista ou conservadora, analiza de forma ben distinta a actuación de Mariano Rajoy ante o empeoramento da situación económica. La Razón afirma que "Rajoy impone el control", e El Mundo di que "España al borde del abismo y Rajoy 'ni se plantea' reformar las autonomías". Mentres El País salienta que "Rajoy esquiva las preguntas de los periodistas ante el rebrote de la crisis" e El Periódico sentencia: "El agua al cuello. Clamoroso silencio de Rajoy en pleno desconcierto"
Grecia convoca eleccións anticipadas para o 6 de maio. Serán as primeiras dende o comezo da crise en 2009.
Rasquera vota si á plantación de marihuana no referendo celebrado este martes. Porén, os votos favorables (56%) non chegan ao 75% que o alcalde marcara como obxectivo
Aguirre pídelle a Rajoy que pacte co PSOE baleirar o Estado das autonomías. A presidenta da Comunidade de Madrid propón que as Comunidades Autónomas devolvan ao Estado as competencias en educación, sanidade e xustiza e que transportes e servizos sociais pasen aos concellos. Suxire, igualmente, que o bacharelato deixe de ser gratuíto.
Rick Santorum suspende a súa campaña nas primarias republicanas, ante o case inevitable triunfo de Mitt Romney. Unha enquisa recente revelaba que o 74% dos votantes republicanos vía a Romney como gañador, e ademais eran maioría os que consideraban que a continuidade das primarias prexudicaba o partido na batalla contra Obama en novembro. Temos, pois, un duelo Obama-Romney.
Rajoy dá a volta e esquiva os xornalistas que lle preguntaban pola prima de risco para saír pola porta de atrás do Senado, tras a sesión de control. O vídeo, aquí.
O STEG (Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza) considera "unha tolemia" o recorte na educación anunciado polo Goberno de Rajoy, xa que significaría "rematar co sistema educativo tal e como o coñecemos hoxe, masificando as aulas e despedindo a miles de docentes".
O Ibex cae un 2,96% e marca o seu mínimo anual en 7.433 puntos a pesar dos recortes anunciados polo Goberno. A prima de risco dispárase ata os 434 puntos.