O STEG (Sindicato de Traballadores do Ensino de Galiza) considera "unha tolemia" o recorte na educación anunciado polo Goberno de Rajoy, xa que significaría "rematar co sistema educativo tal e como o coñecemos hoxe, masificando as aulas e despedindo a miles de docentes".
Fálase
O Ibex cae un 2,96% e marca o seu mínimo anual en 7.433 puntos a pesar dos recortes anunciados polo Goberno. A prima de risco dispárase ata os 434 puntos.
O PSdeG denuncia que "o Goberno Feijóo recorta fondos nos servizos públicos mentres subvenciona circuítos de golf". Os socialistas critican que o Executivo veña de licitar un concurso para o "deseño, organización e execución do II Circuíto de Golf Senior Turismo de Galicia" ao tempo que recorta en sanidade e educación.
O BNG solicita a comparecencia de Mariano Rajoy no Congreso para que explique a decisión de recortar 10.000 millóns de euros en educación e sanidade. A formación nacionalista quere que o presidente do Goberno "informe das consecuencias e os efectos que os recrotes van ter no Estado do Benestar"
O Partido Animalista PACMA denuncia que só os maiores de 14 anos poden utilizar o tipo de armas (escopeta de calibre 36) que portaba Felipe Juan Froilan (que ten 13 anos), e sempre despois de pasar un exame de capacitación. O neto do rei disparouse nun pé cando realizaba prácticas de tiro xunto ao seu pai
George Galloway e Jean-Luc Mélenchon: o inmenso baleiro á esquerda do socialiberalismo europeo comeza a ocuparse. Artigo de Seumas Milne para SinPermiso.
Irán desconectarase da rede global de Internet este verán, para funcionar unicamente cunha rede propia, segundo informa Alt1040
Marketing Directo analiza a compra de Instagram por Facebook por mil millóns de dólares
A wikipedia ao completo, descargable nun só ficheiro torrent de ao redor de 10 GB. Máis información en Microsiervos
O BNG reitera a necesidade de que o alcalde de Santiago dimita, xa que "el mesmo recoñece que cometeu un delito grave". A voceira nacionalista no Parlamento, Ana Pontón, cre "alarmante que o PP ampare ilegalidades manifestas" e lamenta que o partido que sustenta o goberno sexa "cómplice" da suposta fraude fiscal de Conde Roa.