A wikipedia ao completo, descargable nun só ficheiro torrent de ao redor de 10 GB. Máis información en Microsiervos
Fálase
O BNG reitera a necesidade de que o alcalde de Santiago dimita, xa que "el mesmo recoñece que cometeu un delito grave". A voceira nacionalista no Parlamento, Ana Pontón, cre "alarmante que o PP ampare ilegalidades manifestas" e lamenta que o partido que sustenta o goberno sexa "cómplice" da suposta fraude fiscal de Conde Roa.
Primeira reacción oficial do PP tras a controvertida rolda de prensa de Gerardo Conde Roa sobre a súa presunta fraude fiscal. En opinión do voceiro dos populares, Antonio Rodríguez Miranda, o alcalde de Santiago "deu unhas explicacións claras, para nós son suficientes". "Mantémonos á espera", concluiu, a preguntas dos xornalistas nos corredores do Parlamento.
O PP defende con intensidade a súa Lei da Área Metropolitana de Vigo a través de Antonio Rodríguez Miranda. Antes, o voceiro socialista, Abel Losada, considerou a Deputación pontevedresa o "brazo armado" dos conservadores.
No debate sobre a Área Metropolitana de Vigo PSdeG e BNG ven o inicio de novas "duplicidades de xestión" e afán "autoritario" do PP. Socialistas e nacionalistas coinciden en que, onde actúe a nova institución, a Deputación de Pontevedra "desapareza". O proxecto sairá adiante só cos votos populares.
A arte de vender TVE, ou como os creativos de Televisión Española fan da necesidade virtude. En La Información.
O Banco de España pide ao Goberno que respecte a súa autonomía. O gobernador da entidade, Miguel Ángel Ordóñez, reclama ao Executivo que evite a tentación de inferferir nas súas decisións de supervisión e que traspase ao organismo boa parte das competencias que agora ten o Ministerio de Economía, sobre todo en materia sancionadora e en relación aos bancos intervidos.
A presidenta do PP catalán viaxa a Madrid para negociar os Orzamentos Xerais do Estado coa vicepresidenta do Goberno central. En Catalunya medran as voces que falan de que Alicia Sánchez-Camacho tenta abordar un pacto fiscal. En Ara.
Esta mañá o pleno do Parlamento aproba a Lei da Área Metropolitana de Vigo. Nace no medio da controversia política co Concello vigués e tamén entre reproches do BNG, que censura a "blindaxe" da Deputación de Pontevedra malia á creación do novo ente supramunicipal.
Montoro advirte que a Lei de Estabilidade, que obriga as autonomías a cumprir co déficit, estará lista neste mes de abril. O ministro de Facenda, nunha entrevista en RNE, asegurou tamén que España debe "redefinir a carteira de servizos básicos en Sanidade" porque, según di ,"hai moito abuso".