Esta mañá o pleno do Parlamento aproba a Lei da Área Metropolitana de Vigo. Nace no medio da controversia política co Concello vigués e tamén entre reproches do BNG, que censura a "blindaxe" da Deputación de Pontevedra malia á creación do novo ente supramunicipal.
Fálase
Montoro advirte que a Lei de Estabilidade, que obriga as autonomías a cumprir co déficit, estará lista neste mes de abril. O ministro de Facenda, nunha entrevista en RNE, asegurou tamén que España debe "redefinir a carteira de servizos básicos en Sanidade" porque, según di ,"hai moito abuso".
De Guindos aposta por recortes en sanidade para garantir un sistema público e sostible. O ministro de Economía dixo no Forum Europa que o principal inimigo da sanidade pública e universal é o que se nega a facer recortes.
A prensa conservadora celebra o recorte de 10 mil millóns de euros anunciado onte polo Goberno central. ABC fala de "Golpe de autoridade" e La Razón de que "Rajoy acelera as reformas"
A derrota do Benfica fronte ao Sporting de Lisboa (1-0) e a propia vitoria do Porto fronte ao Sporting de Braga (0-1) o venres, deixan o equipo da cidade do Douro como líder claro e favorito para gañar a liga portuguesa. O Porto ten 63 puntos, catro máis que o Benfica e cinco máis que o Braga.
Malia perder forza nas sondaxes nas últimas semanas, Marine Le Pen e a Fronte Nacional son a primeira opción para os votantes entre 18 e 24 anos, cun punto de diferenza sobre Hollande.
A prima de risco supera os 410 puntos e o IBEX abre á baixa (-1%), caendo por debaixo dos 7.600 puntos. A situación de España cada día preocupa máis.
A compra-venda de vivendas descendeu un 32% en febreiro con respecto ao ano anterior e acumula doce meses de baixadas
O concello tarraconense de Rasquera votará este martes en referendo se aproba unha plantación de marihuana como unha das medidas de xeración de ingresos para liquidar o seu déficit de 1,3 millóns de euros. O goberno municipal, despois da polémica xerada e da oposición frontal de CiU, anuncia que se non obtén un 75% de votos favorables ao seu proxecto, dimitirá.
Felipe Juan Froilán, neto do rei, de 13 anos, ingresado nunha clínica despois de dispararse no pé cunha escopeta