A compra-venda de vivendas descendeu un 32% en febreiro con respecto ao ano anterior e acumula doce meses de baixadas
Fálase
O concello tarraconense de Rasquera votará este martes en referendo se aproba unha plantación de marihuana como unha das medidas de xeración de ingresos para liquidar o seu déficit de 1,3 millóns de euros. O goberno municipal, despois da polémica xerada e da oposición frontal de CiU, anuncia que se non obtén un 75% de votos favorables ao seu proxecto, dimitirá.
Felipe Juan Froilán, neto do rei, de 13 anos, ingresado nunha clínica despois de dispararse no pé cunha escopeta
Os Sindicatos Estatais de Ensino critican os novos recortes en educación e sanidade, así como a opacidade do Executivo á hora de informar sobre as medidas neste campo. "Sen recursos, non se poderán levar a cabo as reformas educativas anunciadas polo ministro de Educación", din.
Éric Toussaint intervén nestes momentos na Semana de Filosofía de Pontevedra: "Os ministros que non veñen dos bancos acabaran traballando nos bancos". Máis información, nuns minutos en Praza.
Tucho Calvo, Xan Carballa e Charo Portela debaterán este martes na Casa Galega da Cultura de Vigo (Praza da Princesa, 2) ao redor da figura de Valentín Paz-Andrade, moderados por Miguel Anxo Seixas,
Mark Zuckerberg anuncia no seu taboleiro de Facebook que a compañía que dirixe vén de adquirir Instagram, o programa de retoque fotográfico para móbiles e tablets, por 1.000 millóns de dólares.
Chévere celebrará a súa primeira ultranoite na súa nova casa de Teo esta fin de semana. Será os días 13 e 14 a partir das once da noite no Centro Sociocultural da Ramallosa. Conducido por un Mariano Rajoy, o espectáculo tratará a crise do BNG ou os líos da Casa Real.
Conde Roa afirma que "carece de sentido" acusalo de fraude, "non houbo ocultación, houbo colaboración con Facenda", di, e defende que quixo "empezar a pagar" durante o proceso de inspección de Facenda.
Conde Roa: "Afirmo rotundamente que non defraudei o fisco, non cometín delito fiscal" e engade "a débeda existe, está asinada tras unha inspección de 10 meses. Outra cousa é que haxa fraude". O alcalde de Santiago afirma que quere "coller o touro polos cornos", sen entrar en "aspectos procesuais", pois aínda que recibiu esta mañá a notificación da querela, di que non a puido ler por ter que estar na festa da Pascua en Padrón.