No debate sobre a Área Metropolitana de Vigo PSdeG e BNG ven o inicio de novas "duplicidades de xestión" e afán "autoritario" do PP. Socialistas e nacionalistas coinciden en que, onde actúe a nova institución, a Deputación de Pontevedra "desapareza". O proxecto sairá adiante só cos votos populares.
Fálase
A arte de vender TVE, ou como os creativos de Televisión Española fan da necesidade virtude. En La Información.
O Banco de España pide ao Goberno que respecte a súa autonomía. O gobernador da entidade, Miguel Ángel Ordóñez, reclama ao Executivo que evite a tentación de inferferir nas súas decisións de supervisión e que traspase ao organismo boa parte das competencias que agora ten o Ministerio de Economía, sobre todo en materia sancionadora e en relación aos bancos intervidos.
A presidenta do PP catalán viaxa a Madrid para negociar os Orzamentos Xerais do Estado coa vicepresidenta do Goberno central. En Catalunya medran as voces que falan de que Alicia Sánchez-Camacho tenta abordar un pacto fiscal. En Ara.
Esta mañá o pleno do Parlamento aproba a Lei da Área Metropolitana de Vigo. Nace no medio da controversia política co Concello vigués e tamén entre reproches do BNG, que censura a "blindaxe" da Deputación de Pontevedra malia á creación do novo ente supramunicipal.
Montoro advirte que a Lei de Estabilidade, que obriga as autonomías a cumprir co déficit, estará lista neste mes de abril. O ministro de Facenda, nunha entrevista en RNE, asegurou tamén que España debe "redefinir a carteira de servizos básicos en Sanidade" porque, según di ,"hai moito abuso".
De Guindos aposta por recortes en sanidade para garantir un sistema público e sostible. O ministro de Economía dixo no Forum Europa que o principal inimigo da sanidade pública e universal é o que se nega a facer recortes.
A prensa conservadora celebra o recorte de 10 mil millóns de euros anunciado onte polo Goberno central. ABC fala de "Golpe de autoridade" e La Razón de que "Rajoy acelera as reformas"
A derrota do Benfica fronte ao Sporting de Lisboa (1-0) e a propia vitoria do Porto fronte ao Sporting de Braga (0-1) o venres, deixan o equipo da cidade do Douro como líder claro e favorito para gañar a liga portuguesa. O Porto ten 63 puntos, catro máis que o Benfica e cinco máis que o Braga.
Malia perder forza nas sondaxes nas últimas semanas, Marine Le Pen e a Fronte Nacional son a primeira opción para os votantes entre 18 e 24 anos, cun punto de diferenza sobre Hollande.