O Partido Animalista PACMA denuncia que só os maiores de 14 anos poden utilizar o tipo de armas (escopeta de calibre 36) que portaba Felipe Juan Froilan (que ten 13 anos), e sempre despois de pasar un exame de capacitación. O neto do rei disparouse nun pé cando realizaba prácticas de tiro xunto ao seu pai
Fálase
George Galloway e Jean-Luc Mélenchon: o inmenso baleiro á esquerda do socialiberalismo europeo comeza a ocuparse. Artigo de Seumas Milne para SinPermiso.
Irán desconectarase da rede global de Internet este verán, para funcionar unicamente cunha rede propia, segundo informa Alt1040
Marketing Directo analiza a compra de Instagram por Facebook por mil millóns de dólares
A wikipedia ao completo, descargable nun só ficheiro torrent de ao redor de 10 GB. Máis información en Microsiervos
O BNG reitera a necesidade de que o alcalde de Santiago dimita, xa que "el mesmo recoñece que cometeu un delito grave". A voceira nacionalista no Parlamento, Ana Pontón, cre "alarmante que o PP ampare ilegalidades manifestas" e lamenta que o partido que sustenta o goberno sexa "cómplice" da suposta fraude fiscal de Conde Roa.
Primeira reacción oficial do PP tras a controvertida rolda de prensa de Gerardo Conde Roa sobre a súa presunta fraude fiscal. En opinión do voceiro dos populares, Antonio Rodríguez Miranda, o alcalde de Santiago "deu unhas explicacións claras, para nós son suficientes". "Mantémonos á espera", concluiu, a preguntas dos xornalistas nos corredores do Parlamento.
O PP defende con intensidade a súa Lei da Área Metropolitana de Vigo a través de Antonio Rodríguez Miranda. Antes, o voceiro socialista, Abel Losada, considerou a Deputación pontevedresa o "brazo armado" dos conservadores.
No debate sobre a Área Metropolitana de Vigo PSdeG e BNG ven o inicio de novas "duplicidades de xestión" e afán "autoritario" do PP. Socialistas e nacionalistas coinciden en que, onde actúe a nova institución, a Deputación de Pontevedra "desapareza". O proxecto sairá adiante só cos votos populares.
A arte de vender TVE, ou como os creativos de Televisión Española fan da necesidade virtude. En La Información.