A depuradora de Ferrol non depurou "un só metro cúbico de auga" malia estar teoricamente operativa dende 2014. Vén de anuncialo o goberno local. Recólleo Ferrol 360
Fálase
Paralizados os traslados ao novo hospital de Vigo, segundo confirman os sindicatos. Máis información, hoxe en Praza.
Austria eleva a máis de 70 o número de refuxiados mortos nun camión frigorífico. Viaxaban de forma irregular polo país nun vehículo atopado perto da fronteira de Hungría.
A Garda Civil rexistra a fundación de Convergència por comisións ilegais do 3%. Anticorrupción investiga se a construtora Teyco pagou por adxudicacións de obras.
A Xunta exixe salvar os núcleos rurais do veto a construír en zonas inundables. Reclama a Madrid permitir certa actividade urbanística en asentamentos urbanos das zonas rurais.
Decenas de mortos nun novo naufraxio no Mediterráneo. Unhas 30 persoas terían falecido ao quedar atrapadas na bodega dunha embarcación.
Instagram anuncia que a aplicación permitirá compartir fotografías verticais e horizontais e non unicamente cadradas, como ata agora. Explícano no seu blog e detállao Mallandroid.
A conselleira de Sanidade cre "inxustificable" a protesta do persoal do hospital de Vigo, que rexeitou as condicións do novo centro durante a visita da propia Mosquera.
30 persoas que procuraban refuxio morren asfixiadas nun camión frigorífico en Austria. Recólleo eldiario.es
A dona do home abatido este mércores en Ponteareas por un disparo da Garda Civil asegura que non era autor dunha agresión de xénero, senón que padecía unha doenza mental que os médicos deixaron de tratar axeitadamente. O Instituto Armado atribuíu inicialmente o acontecido á violencia de xénero. Está a contalo Radio Galicia