Abanca e Banco Etcheverría aproban a súa fusión. A nova entidade, Abanca Grupo Banesco, nace cun capital de case 2.500 millóns de euros.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/54328598c0fa2-juntageneralaccionistasabanca_01.jpg)
Abanca e Banco Etcheverría aproban a súa fusión. A nova entidade, Abanca Grupo Banesco, nace cun capital de case 2.500 millóns de euros.
John O’Keefe, May-Britt e Edvard Moser gañan o Premio Nobel de Medicina polo seu traballo sobre a maneira en que se orienta o cerebro, unha caste de "GPS interno"
O Café Moderno de Pontevedra acolle durante toda esta semana, até o domingo, o outlet do libro galego, organizado pola Asociación Galega de Editores. Ofrece 10 mil exemplares a prezos reducidos
Microsiervos explica que, a pesar do publicado nos últimos días, "Plutón segue sendo un planeta anano"
O distrito barcelonés de Nou Barris, cunha ampla comunidade galega, volve celebrar as festas do San Froilán cadrando coas de Lugo. Recólleo El Progreso
Abanca culminará este luns a súa absorción do Banco Etcheverría. Será nunha xunta xeral extraordinaria que se celebrará este mediodía no Palexco da Coruña.
Dilma Roussef disputará a segunda volta das eleccións brasileiras fronte ao socialdemócrata Aécio Neves. A actual presidenta logrou o 41,5% dos votos. Cóntao Carta Capital
O alumnado español de familias con poucos recursos económicos ten tres veces máis posibilidades de repetir curso, segundo a OCDE. En El Diario
O alcalde dos Blancos, cuxo partido independente lle gañou ao PP tras as eleccións repetidas de 2011, pasa a integrarse nas filas dos populares. Recólleo Faro de Vigo
Hernández insta a "distinguir" a "corrupción" das "anomalías administrativas" e defende que os cargos públicos realicen "xestións" se un cidadán lles pide axuda para conseguir traballo. Faino nunha entrevista con El País