O alcalde dos Blancos, cuxo partido independente lle gañou ao PP tras as eleccións repetidas de 2011, pasa a integrarse nas filas dos populares. Recólleo Faro de Vigo
Fálase
Hernández insta a "distinguir" a "corrupción" das "anomalías administrativas" e defende que os cargos públicos realicen "xestións" se un cidadán lles pide axuda para conseguir traballo. Faino nunha entrevista con El País
Remata a xornada na Terceira galega. Barbadás, Choco, Sanxenxo e Alondras, en cabeza da táboa
Barbadás 0-0 Arousa
Silva 0-4 Cerceda
Laracha 0-2 Rápido de Bouzas
Racing Vilalbés 1-1 Pontevedra
Ordes 2-1 Deportivo B
Ribadumia 1-2 Ribadeo
Bertamiráns 2-4 Choco
Boiro 1-0 As Pontes
Cultural Areas 1-2 Alondras
Xuventú Sanxenxo 0-3 BergantiñosA plataforma Ribadeo en Común, impulsada por un grupo de veciños e veciñas da vila, preséntase cun manifesto que chama a conformar unha candidatura cidadá para as municipais baseada na transparencia, a participación veciñal no deseño das políticas locais e no control destas, a defensa dos servizos públicos, o ben común e o medio ambiente.
O Celta perde en Balaídos (1-3) ante un Villareal á contra. Goles de Larrivey (43'), Moi Gómez (31'), Moi Gómez (33') e Mario (90'). Os celestes ocupan o 6º posto na clasificación.
Somozas e Rácing de Ferrol empatan (0-0) no derbi de Trasancos na Segunda B. O Coruxo cae (0-1) ante o Murcia. No outro enfrontamento galego da xornada, o Celta B derrota o Compostela en San Lázaro (0-2)
O Dépor cae en Sevilla (4-1) e convértese no pechacancelas da clasificación, con só 4 puntos e sumando catro derrotas consecutivas.
Milleiros de persoas maniféstanse nestes momentos na Coruña contra a organización de touradas na cidade. Toda a información, este mediodía en Praza.
Vigo acolleu unha concentración, convocada por BDS-Galiza, contra a impunidade do Estado de Israel. Fíxose unha simulación dun checkpoint e leuse un texto remitido dende Gaza
O Encontro Ibérico de Tradutores de Software Libre e Linguas Minorizadas, que se celebra esta fin de semana en Compostela, destaca que o galego é unha das 26 linguas máis empregadas nas redes sociais