O Encontro Ibérico de Tradutores de Software Libre e Linguas Minorizadas, que se celebra esta fin de semana en Compostela, destaca que o galego é unha das 26 linguas máis empregadas nas redes sociais
Fálase
Faro de Vigo pídelles a oito ilustradores e humoristas gráficos galegos a súa valoración sobre Mafalda no 50 aniversario desta creación de Quino
Brasil celebra este domingo eleccións presidenciais. Dilma Rouseff parte con vantaxe nas sondaxes, que prevén unha ampla vitoria (45%), pero insuficiente para evitar unha segunda volta. Aécio Neves (27%) e Marina Silva (24%) chegan moi igualados, aínda que cunha leve diferenza en favor do candidato do PSDB.
El Diario entrevista o historiador José Álvarez Junco: “Os nosos políticos son resultado da cidadanía"
Público entrevista Belen Gopegui sobre a súa última novela. El comité de la noche, que reflexiona sobre o idealismo e a necesidade de resistir
O PP ignora as queixas canarias e dá por pechada a investigación da UE sobre as prospeccións petrolíferas nas illas
Pobre asistencia á corrida de touros celebrada esta tarde na Coruña, dentro da feira taurina que recibiu case 100 mil euros en subvencións indirectas por parte do Concello. Este domingo a partir das 12 unha manifestación apoiada por 46 colectivos demandará a fin destes espectáculos de tortura animal na cidade.
Salvemos a Fracha levará á vía xudicial o proxecto da autovía A-57. Denuncian que a vía "non é unha circunvalación" senón que "o que se vai facer é un corredor" e sinalan que os Orzamentos do Estado, que destinan 25 millóns á obra, consuman un "disparate" e unha "irresponsabilidade".
A deputada de AGE Eva Solla convértese na nova secretaria xeral do PCG, encabezando a única lista presentada no XIII congreso da formación. No seu discurso de clausura, Solla defendeu "un partido á ofensiva, en clara interlocución cos movementos sociais e coa clase obreira".
Salvemos Cabana denuncia que a aseguradora AXA "rexeita facerse cargo" dos gastos xerados polo desastre ambiental xerado polo vertido do Monte Neme. A entidade lembra que os máis de 140.000 euros que custaron as reparacións saíron das arcas dos concellos,