Pobre asistencia á corrida de touros celebrada esta tarde na Coruña, dentro da feira taurina que recibiu case 100 mil euros en subvencións indirectas por parte do Concello. Este domingo a partir das 12 unha manifestación apoiada por 46 colectivos demandará a fin destes espectáculos de tortura animal na cidade.
