Brasil celebra este domingo eleccións presidenciais. Dilma Rouseff parte con vantaxe nas sondaxes, que prevén unha ampla vitoria (45%), pero insuficiente para evitar unha segunda volta. Aécio Neves (27%) e Marina Silva (24%) chegan moi igualados, aínda que cunha leve diferenza en favor do candidato do PSDB.
