A plataforma Ribadeo en Común, impulsada por un grupo de veciños e veciñas da vila, preséntase cun manifesto que chama a conformar unha candidatura cidadá para as municipais baseada na transparencia, a participación veciñal no deseño das políticas locais e no control destas, a defensa dos servizos públicos, o ben común e o medio ambiente.
Fálase
O Celta perde en Balaídos (1-3) ante un Villareal á contra. Goles de Larrivey (43'), Moi Gómez (31'), Moi Gómez (33') e Mario (90'). Os celestes ocupan o 6º posto na clasificación.
Somozas e Rácing de Ferrol empatan (0-0) no derbi de Trasancos na Segunda B. O Coruxo cae (0-1) ante o Murcia. No outro enfrontamento galego da xornada, o Celta B derrota o Compostela en San Lázaro (0-2)
O Dépor cae en Sevilla (4-1) e convértese no pechacancelas da clasificación, con só 4 puntos e sumando catro derrotas consecutivas.
Milleiros de persoas maniféstanse nestes momentos na Coruña contra a organización de touradas na cidade. Toda a información, este mediodía en Praza.
Vigo acolleu unha concentración, convocada por BDS-Galiza, contra a impunidade do Estado de Israel. Fíxose unha simulación dun checkpoint e leuse un texto remitido dende Gaza
O Encontro Ibérico de Tradutores de Software Libre e Linguas Minorizadas, que se celebra esta fin de semana en Compostela, destaca que o galego é unha das 26 linguas máis empregadas nas redes sociais
Faro de Vigo pídelles a oito ilustradores e humoristas gráficos galegos a súa valoración sobre Mafalda no 50 aniversario desta creación de Quino
Brasil celebra este domingo eleccións presidenciais. Dilma Rouseff parte con vantaxe nas sondaxes, que prevén unha ampla vitoria (45%), pero insuficiente para evitar unha segunda volta. Aécio Neves (27%) e Marina Silva (24%) chegan moi igualados, aínda que cunha leve diferenza en favor do candidato do PSDB.
El Diario entrevista o historiador José Álvarez Junco: “Os nosos políticos son resultado da cidadanía"