Vitorias dos tres equipos galegos no primeiro partido de play-off de ascenso á ACB. O Breogán vence nada ao Palma e o Básquet Coruña e o COB Ourense gañan fóra ao Palencia e ao Oviedo.
Fálase
Máis de 187.000 avós encárganse do coidado habitual dos netos en Galicia. Un de cada catro persoas de entre 55 e 70 anos asume este labor a diario ou algunha vez por semana, segundo un estudo da Xunta.
O Concello de Sada renuncia a expropiar a casa extramuros do pazo de Meirás, propiedade dos Franco. O goberno local retira do PXOM a adquisición da vivenda.
A verificación dos avais no PSOE confirma a curta distancia entre Díaz e Sánchez. A presidenta andaluza obtén 59.390 avais válidos fronte aos 53.117 do ex-secretario xeral.
O 'Tramabús' de Podemos inicia a súa ruta galega cunha foto de Feijóo como "convidado especial". A imaxe do presidente da Xunta foi colocada na parte frontal do veh´hiculo.
O goberno de Lugo prorrogará os orzamentos tras o 'non' de toda a oposición. A alcaldesa, Lara Méndez, estende as contas de 2016 ao non obter o apoio de ningún partido agás o PSdeG.
O prezo medio do leite que se lle paga aos gandeiros en mantense igual, mentres o país continúa a perder explotacións lácteas.
A xuíza abre xuízo oral contra o ex-alcalde popular de Sada Ernesto Anido por presunta prevaricación e tráfico de influencias. Tería manobrado para contratar na localidade unha sindicalista traballadora do Concello de Culleredo, tamén acusada de prevaricación e tráfico de influencias.
Pedro Sánchez pide a Patxi López unir forzas para derrotar a Susana Díaz. Ofreceralle integrarse na súa candidatura nun acto de hoxe e logo de coñecerse os resultados provisionais da recollida de avais.
O Concello da Coruña inicia o trámite para blindar o carácter público do predio da Solana. A Xunta de Goberno porá en marcha este venres o proceso para modificar o PXOM, unha modificación que deberá ser aprobada no Pleno