O goberno de Lugo prorrogará os orzamentos tras o 'non' de toda a oposición. A alcaldesa, Lara Méndez, estende as contas de 2016 ao non obter o apoio de ningún partido agás o PSdeG.
Fálase
O prezo medio do leite que se lle paga aos gandeiros en mantense igual, mentres o país continúa a perder explotacións lácteas.
A xuíza abre xuízo oral contra o ex-alcalde popular de Sada Ernesto Anido por presunta prevaricación e tráfico de influencias. Tería manobrado para contratar na localidade unha sindicalista traballadora do Concello de Culleredo, tamén acusada de prevaricación e tráfico de influencias.
Pedro Sánchez pide a Patxi López unir forzas para derrotar a Susana Díaz. Ofreceralle integrarse na súa candidatura nun acto de hoxe e logo de coñecerse os resultados provisionais da recollida de avais.
O Concello da Coruña inicia o trámite para blindar o carácter público do predio da Solana. A Xunta de Goberno porá en marcha este venres o proceso para modificar o PXOM, unha modificación que deberá ser aprobada no Pleno
Unha concentración na praza Oito de Marzo de Compostela protestou contra a presenza na cidade do bus tránsfobo de Hazte Oír
O Tramabús de Podemos percorrerá Galicia dende hoxe denunciando distintos casos de corrupción do PP. Ás 15 horas sairá de Vigo, para chegar a Ourense ás 17 horas. O sábado fará dúas rutas, de Lugo á Coruña e de Cee a Santiago de Compostela, con paradas en Mugardos (ás portas de Reganosa) ou na Ferroatlántica de Villar Mir, entre outros lugares.
O Congreso de EEUU dá o primeiro paso para botar abaixo o sistema sanitario de Obama. A pesar de que varios congresistas republicanos votaron en contra da proposta de impulsada por Trump, a chamada Lei Estadounidense de Coidado de Saúde -que elimina os subsidios para as persoas sen cobertura sanitaria- aprobouse por 217 votos a favor e 212 en contra e agora deberá pasar polo Senado.
Os fiscais conservadores salvan do cese ao xefe da Fiscalía Anticorrupción, Manuel Moix, nunha votación proposta no Consello Fiscal. A Unión Progresista de Fiscais propuxo que Moix abandonase o posto polos últimos escándalos.
O reconto e verificación de avais no PSOE continuará este venres, despois de ter sido interrumpido na madrugada deste xoves. Os resultados preliminares, con Pedro Sánchez moi preto de Susana Díaz, converten as primarias en cousa de dous, deixando a Patxi López sen opcións. Pedro Sánchez pasa a ser o gran favorito, destaca El Diario na súa portada.