Unha concentración na praza Oito de Marzo de Compostela protestou contra a presenza na cidade do bus tránsfobo de Hazte Oír

Unha concentración na praza Oito de Marzo de Compostela protestou contra a presenza na cidade do bus tránsfobo de Hazte Oír
O Tramabús de Podemos percorrerá Galicia dende hoxe denunciando distintos casos de corrupción do PP. Ás 15 horas sairá de Vigo, para chegar a Ourense ás 17 horas. O sábado fará dúas rutas, de Lugo á Coruña e de Cee a Santiago de Compostela, con paradas en Mugardos (ás portas de Reganosa) ou na Ferroatlántica de Villar Mir, entre outros lugares.
O Congreso de EEUU dá o primeiro paso para botar abaixo o sistema sanitario de Obama. A pesar de que varios congresistas republicanos votaron en contra da proposta de impulsada por Trump, a chamada Lei Estadounidense de Coidado de Saúde -que elimina os subsidios para as persoas sen cobertura sanitaria- aprobouse por 217 votos a favor e 212 en contra e agora deberá pasar polo Senado.
Os fiscais conservadores salvan do cese ao xefe da Fiscalía Anticorrupción, Manuel Moix, nunha votación proposta no Consello Fiscal. A Unión Progresista de Fiscais propuxo que Moix abandonase o posto polos últimos escándalos.
O reconto e verificación de avais no PSOE continuará este venres, despois de ter sido interrumpido na madrugada deste xoves. Os resultados preliminares, con Pedro Sánchez moi preto de Susana Díaz, converten as primarias en cousa de dous, deixando a Patxi López sen opcións. Pedro Sánchez pasa a ser o gran favorito, destaca El Diario na súa portada.
O Celta caeu en Balaídos ante o Manchester United (0-1) e terá que remontar en Old Trafford para meterse na final da Europa League
Pedro Sánchez supera en avais a Susana Díaz en 11 comunidades, entre elas Galicia, segundo os datos provisionais facilitados polas dúas candidaturas. A presidenta andaluza tería 2.499 apoios en Galicia, fronte aos 3.816 de Sánchez. Os avais deben ser aínda verificados polo PSOE.
Galicia ten a peor velocidade de Internet en España, segundo os datos feitos públicos polo Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital. Un de cada tres galegos e galegas ten unha velocidade de menos de 10 Mbps, cando a Axenda Dixital Europea pretende que no 2020 toda a poboación da UE teña unha velocidade mínima de 30 Mbps.
O Supremo tomba a pretensión do ex-deputado do PPdeG Javier Escribano de ser indemnizado con 150.000 euros por un xornalista que escribiu un artigo de opinión sobre a súa implicación nun caso de corrupción. O alto tribunal vén de ratificar a sentenza do xulgado e da Audiencia da Coruña e comparte que o xornalista Fernando González Macías non cometeu "ningunha intromisión ilexítima na honra" de Escribano, condenado a pagar as costas do procedemento. (Na imaxe, Escribano na súa foto oficial como membro do Parlamento).
O Goberno de España anuncia a súa intención de dar axudas de ata 10.000 euros á compra de vivenda para a mocidade dentro dun novo plan que aumentará 900 euros o limiar do alugueiro que pode ser subvencionado. En 2014 o Executivo de Rajoy recortou as deducións fiscais por arrendar unha vivenda.