O Supremo tomba a pretensión do ex-deputado do PPdeG Javier Escribano de ser indemnizado con 150.000 euros por un xornalista que escribiu un artigo de opinión sobre a súa implicación nun caso de corrupción. O alto tribunal vén de ratificar a sentenza do xulgado e da Audiencia da Coruña e comparte que o xornalista Fernando González Macías non cometeu "ningunha intromisión ilexítima na honra" de Escribano, condenado a pagar as costas do procedemento. (Na imaxe, Escribano na súa foto oficial como membro do Parlamento).
