O primeiro reconto de avais nas primarias do PSOE outorga 62.582 a Susana Díaz e apenas 5.000 menos a Pedro Sánchez, que presentou 57.369 sinaturas. Patxi López achegou 12.000 apoios á súa candidatura.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/590b00a39fa28-c-p8zaxgaaqdjw.jpg)
O primeiro reconto de avais nas primarias do PSOE outorga 62.582 a Susana Díaz e apenas 5.000 menos a Pedro Sánchez, que presentou 57.369 sinaturas. Patxi López achegou 12.000 apoios á súa candidatura.
O paro rexistrado descendeu en Galicia en 5.427 inscricións nas oficinas de emprego no mes de abril e queda en 204.629, 23.524 menos que hai un ano. No mesmo mes a afiliación á Seguridade Social aumentou en 5.335 persoas, 21.112 máis que en abril de 2016. Toda a información, hoxe en Praza.
#GranDebat Macron e Le Pen protagonizan un duro debate considerado decisivo para as eleccións presidenciais francesas do vindeiro domingo. A aspirante ultradereitista acusou o seu opoñente de "botarse ao chan fronte aos musulmáns" e non foi quen de aclarar propostas clave da súa campaña como unha eventual convivencia do euro e un franco recuperado.
Pedro Sánchez asegura non desbotar unha moción de censura se volve liderar o PSOE, "pero non a que propón Pablo Iglesias". Afírmao nunha entrevista con eldiario.es
A xeada danou o 90% dos viñedos de Monterrei, o 70% de Valdeorras, o 30% do Ribeiro e o 20% de Ribeira Sacra, segundo anunciou a Consellería do Medio Rural. O sector fala dun fenómeno "catastrófico" e "nunca visto".
Podemos anuncia a chegada do seu 'Tramabús' a Galicia o venres e sábado con percorridos entre Vigo e Ourense, de Lugo á Coruña e de Cee a Santiago. O percorrido galego do autobús reivindicativo do partido é "fundamental porque as ramificacións da corrupción afectan de cheo ao PP de Feijóo", di a secretaria xeral da formación e vicevoceira de En Marea no Parlamento, Carmen Santos.
Montoro reprocha que tras unha "borracheira de gasto público" xa haxa "algúns que queren" volver "ir de copas". O ministro de Facenda censurou así as propostas dos grupos que defenden emendas á totalidade aos Orzamentos Xerais do Estado para 2017, a debate este mércores no Congreso. Está a contalo eldiario.es
O Concello de Fornelos convoca o I Premio de Xornalismo Lueiro Rey para artigos divulgativos e de opinión no ámbito da denuncia social. O prazo de envío de traballos ao certame, en cuxa organización colabora Praza Pública xunto a outros medios, remata o vindeiro 30 de xuño. Pódense consultar as bases nesta ligazón.
A Xunta trasládalle á Fegamp as rutas de bus que comezará a reestruturar a partir deste verán. Algunhas facturan millóns de euros ao ano e outras pouco máis de mil. Unha sentenza xudicial por quebrantar a normativa europea coa prórroga das liñas precipitou esta renovación
Os gobernos español e vasco pechan o acordo sobre o cupo do concerto económico que facilita o apoio do PNV aos Orzamentos do Estado. Os detalles do acordo, en eldiario norte