Os gobernos español e vasco pechan o acordo sobre o cupo do concerto económico que facilita o apoio do PNV aos Orzamentos do Estado. Os detalles do acordo, en eldiario norte

Os gobernos español e vasco pechan o acordo sobre o cupo do concerto económico que facilita o apoio do PNV aos Orzamentos do Estado. Os detalles do acordo, en eldiario norte
Este venres inaugúrase o Festival Primavera do Cine de Vigo, que homenaxeará a Antonio Durán Morris e terá a Angola como país convidado. A rúa do Príncipe amosará unha versión galega do Paseo da Fama de Hollywood, dedicada a Chano Piñeiro, Armando Ossorio, María Casares, La Bella Otero ou Carlos Velo
A Xunta sancionou 123 persoas en Lugo nos últimos cinco anos por plantar eucaliptos en zonas prohibidas. Porén, Unións Agrarias cre que esta cifra representa apenas o 1% das infraccións.
Xulio Ferreiro e Martiño Noriega apoian con senllos vídeos a proposta de moción de censura a Mariano Rajoy anunciada a pasada semana por Podemos, En Marea e En Comú
Os militantes da Francia Insumisa, o partido que lidera Jean-Luc Mélenchon, apoian o voto en branco ou nulo para a segunda volta das eleccións presidenciais. Na consulta online, na que participaron 243 mil persoas, o 36,1% escolleu esta opción, fronte ao 34,8% que defendeu votar a Macron e o 29% que apostou pola abstención na votación deste domingo. Nas enquisas, Macron domina claramente, cunha media do 59%, fronte ao 41% de Le Pen, que recortou algo as diferenzas na última semana
Marea Atlántica, Compostela Aberta, En Marea, Esquerda Unida ou Anova manifestaron nos últimos días o seu apoio ao Goberno municipal de Ferrol. Ferrol en Común acusa a PP e PSOE de "bloquear a cidade para desgastar o Goberno local en perxuízo dos veciños"
O Parlamento volve aprobar por unanimidade o ditame sobre a lei para pedir o traspaso da AP-9. A norma recibirá luz verde definitiva do pleno o vindeiro martes para ser enviada ao Congreso, onde na súa anterior versión foi vetada polo Goberno de España a partir dun informe con cálculos erróneos. O PP xa advertiu que non garante o apoio á proposta cando volva chegar ás Cortes.
O xornal francés Libération afronta a recta final das eleccións presidenciais francesas cun número especial "anti Fronte Nacional", ilustrado cunha gráfica primeira páxina semellante á que xa publicara contra o partido ultradereitista en 2002, cando o pai de Marine Le Pen se enfrontou a Jacques Chirac como líder desa mesma formación.
A Xunta empeza a retirar patacas prantadas en Riotorto e na Pontenova este martes dentro das medidas contra a couza da pataca. Recólleo El Progreso
Os empregos fixos na Xunta caen un 9% e os temporais soben case un 70% en 5 anos. Cóntao Faro de Vigo