Os militantes da Francia Insumisa, o partido que lidera Jean-Luc Mélenchon, apoian o voto en branco ou nulo para a segunda volta das eleccións presidenciais. Na consulta online, na que participaron 243 mil persoas, o 36,1% escolleu esta opción, fronte ao 34,8% que defendeu votar a Macron e o 29% que apostou pola abstención na votación deste domingo. Nas enquisas, Macron domina claramente, cunha media do 59%, fronte ao 41% de Le Pen, que recortou algo as diferenzas na última semana
Fálase
Marea Atlántica, Compostela Aberta, En Marea, Esquerda Unida ou Anova manifestaron nos últimos días o seu apoio ao Goberno municipal de Ferrol. Ferrol en Común acusa a PP e PSOE de "bloquear a cidade para desgastar o Goberno local en perxuízo dos veciños"
O Parlamento volve aprobar por unanimidade o ditame sobre a lei para pedir o traspaso da AP-9. A norma recibirá luz verde definitiva do pleno o vindeiro martes para ser enviada ao Congreso, onde na súa anterior versión foi vetada polo Goberno de España a partir dun informe con cálculos erróneos. O PP xa advertiu que non garante o apoio á proposta cando volva chegar ás Cortes.
O xornal francés Libération afronta a recta final das eleccións presidenciais francesas cun número especial "anti Fronte Nacional", ilustrado cunha gráfica primeira páxina semellante á que xa publicara contra o partido ultradereitista en 2002, cando o pai de Marine Le Pen se enfrontou a Jacques Chirac como líder desa mesma formación.
A Xunta empeza a retirar patacas prantadas en Riotorto e na Pontenova este martes dentro das medidas contra a couza da pataca. Recólleo El Progreso
Os empregos fixos na Xunta caen un 9% e os temporais soben case un 70% en 5 anos. Cóntao Faro de Vigo
Este luns foi inaugurada a sede Eurocidade Monçao-Salvaterra de Miño, situada no antigo posto fronteirizo da localidade lusa. As dúas vilas desenvolverán proxectos en común para afondar na cooperación transfronteiriza. Trátase do terceiro organismo de cooperación local entre Galicia e Portugal, despois das eurocidades de Chaves-Verín e de Tui-Valença.
A Fronte Polisaria expresa a súa "satisfacción" pola última resolución do Consello de Seguridade da ONU, que estende ata finais de abril de 2018 o mandato da Misión de Nacións Unidas para o referendo no Sahara Occidental.
Manifestacións convocadas por CIG, CCOO, UGT e outros sindicatos percorreron as rúas das principais cidades e vilas galegas neste 1º de maio. Consulta as fotografías na nosa galería de imaxes
CCOO e UGT manifestaranse ás 11.30 en Vigo; ás 12 na A Coruña, Ferrol, Santiago, Viveiro, Ourense, Pontevedra e Vilagarcía; e ás 12.30 en Lugo. A CIG convoca manifestacións ás 11.30 en Pontevedra; ás 12 en Vigo, A Coruña, Ribeira, Ferrol, Lugo, Burela, Vilagarcía e A Estrada; e ás 12.30 en Cee, Compostela e Ourense. Ademais, en Compostela CNT, CUT, STEG, SAGAP, Foro Galego de Inmigración maniféstanse ás 12.30. En Ourense CNT, CUT, STEG, CGT, ST fano ás 12. En Vigo CUT, CGT, SF, SE e SXG manifestaranse ás 11 horas. E na Coruña CUT, STEG, SF e SE marcharán a partir das 12.30