Os empregos fixos na Xunta caen un 9% e os temporais soben case un 70% en 5 anos. Cóntao Faro de Vigo

Os empregos fixos na Xunta caen un 9% e os temporais soben case un 70% en 5 anos. Cóntao Faro de Vigo
Este luns foi inaugurada a sede Eurocidade Monçao-Salvaterra de Miño, situada no antigo posto fronteirizo da localidade lusa. As dúas vilas desenvolverán proxectos en común para afondar na cooperación transfronteiriza. Trátase do terceiro organismo de cooperación local entre Galicia e Portugal, despois das eurocidades de Chaves-Verín e de Tui-Valença.
A Fronte Polisaria expresa a súa "satisfacción" pola última resolución do Consello de Seguridade da ONU, que estende ata finais de abril de 2018 o mandato da Misión de Nacións Unidas para o referendo no Sahara Occidental.
Manifestacións convocadas por CIG, CCOO, UGT e outros sindicatos percorreron as rúas das principais cidades e vilas galegas neste 1º de maio. Consulta as fotografías na nosa galería de imaxes
CCOO e UGT manifestaranse ás 11.30 en Vigo; ás 12 na A Coruña, Ferrol, Santiago, Viveiro, Ourense, Pontevedra e Vilagarcía; e ás 12.30 en Lugo. A CIG convoca manifestacións ás 11.30 en Pontevedra; ás 12 en Vigo, A Coruña, Ribeira, Ferrol, Lugo, Burela, Vilagarcía e A Estrada; e ás 12.30 en Cee, Compostela e Ourense. Ademais, en Compostela CNT, CUT, STEG, SAGAP, Foro Galego de Inmigración maniféstanse ás 12.30. En Ourense CNT, CUT, STEG, CGT, ST fano ás 12. En Vigo CUT, CGT, SF, SE e SXG manifestaranse ás 11 horas. E na Coruña CUT, STEG, SF e SE marcharán a partir das 12.30
Cedeira celebrou este domingo unha homenaxe ás persoas represaliadas pola ditadura fascista. Colocouse un monolito, unha placa de lembranza (deseño de Siro López), léronse poemas e houbo unha ofrenda floral e intervencións de distintos grupos políticos, do alcalde da localidade e da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
Neste 1º de maio El Diario conta como colectivos precarios dan o paso para organizarse e reivindicar os seus dereitos, dende as camareiras de piso, as empregadas domésticas, os e as vendedoras ambulantes ou os e as músicas
O filme galego Sicixia, premiado como mellor fita estranxeira no WorldFest Houston dos Estados Unidos. A película de Ignacio vilar competía con 35 producións de todo o mundo
Hai hoxe 45 anos falecía Clara Campoamor en Suíza. A deputada e activista feminista foi clave na consecución do sufraxio feminino, aprobado polas Cortes da II República en outubro de 1931
O ex-ministro grego Ianis Varoufakis únese ás voces que instan o electorado francés a optar por Macron para frear a ultradereitista Le Pen na segunda volta das eleccións presidenciais que se celebra a vindeira semana