Cedeira celebrou este domingo unha homenaxe ás persoas represaliadas pola ditadura fascista. Colocouse un monolito, unha placa de lembranza (deseño de Siro López), léronse poemas e houbo unha ofrenda floral e intervencións de distintos grupos políticos, do alcalde da localidade e da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática
