O ex-ministro grego Ianis Varoufakis únese ás voces que instan o electorado francés a optar por Macron para frear a ultradereitista Le Pen na segunda volta das eleccións presidenciais que se celebra a vindeira semana

O ex-ministro grego Ianis Varoufakis únese ás voces que instan o electorado francés a optar por Macron para frear a ultradereitista Le Pen na segunda volta das eleccións presidenciais que se celebra a vindeira semana
Os fiscais Anticorrupción enfróntanse de novo ao seu xefe pola denuncia contra tres compañeiros do Ministerio público. Cóntao eldiario.es
A galega Verónica Boquete clasifícase para a final da Champions League co Paris Saint-Germain. O equipo da compostelá enfrontarse na final de Cardiff ao Olympique Lyonnais (Imaxe: PSG)
O Consello das Mareas acorda a convocatoria do plenario da organización para a "primeira quincena de xullo". Na primeira xuntanza tras a elección da coordinadora o Consello aprobou o reparto de "funcións e responsabilidades" na dirección con "16 votos favorables e 9 abstencións", segundo informou o seu voceiro, Luís Villares, en rolda de prensa.
Caballero augura que Susana Díaz será secretaria xeral do PSOE e presidenta do Goberno de España nun mitin en Vigo de apoio á súa candidatura ante unhas 300 persoas. A presidenta andaluza asegurou que non deixará "que ninguén diga ao PSOE o que ten que facer" durante o acto, inserido nunha axenda que tamén inclúe encontros con militantes en Lugo e Ourense.
O pleno de Lalín aproba a retirada da distinción de fillo adoptivo ao ditador Francisco Franco por unanimidade a proposta do goberno municipal. Recólleo Faro de Vigo
Desbloqueados os orzamentos da Coruña tras aprobaren PP e PSOE unha baixa na previsión de ingresos de 5,65 millóns. O goberno da Marea Atlántica considera esta modificación un "recorte inxustificado" e os populares interpretan que lograron rectificar unha "actitude chavista" do alcalde. Recólleo La Opinión de A Coruña
Breogán, Ourense e Básquet Coruña competirán polo ascenso á ACB tras a fin da liga regular na LEB. O equipo lucense, segundo na clasificación final da liga regular, contará co factor cancha a favor no play off que comeza o vindeiro venres, día 5. Os breoganistas xogan esta primeira fase contra o Palma, o Ourense enfróntase ao Oviedo e o Coruña, ao Palencia.
Trump chega aos primeiros 100 días de mandato asegurando que ningún presidente lograra "tanto" nese período. Esta información de The Guardian que recolle eldiario.es compara a primeira etapa do actual presidente estadounidense cos inicios dos seus antecesores.
A folga xeral paraliza as principais cidades do Brasil contra o recorte laboral de Temer e mais das prestacións sociais do Estado. A revista Carta Capital ofrece un amplo especial das mobilizacións que, destaca, tiveron diante unha "forte repressão policial".