Os galegos Javier Gutiérrez e Nerea Barros triunfan na noite dos Goya polas súas interpretacións en La Isla Mínima, gañadora da noite con 10 premios, entre eles o de mellor película e mellor director. Quedaron sen galardón A Esmorga, A Tropa de trapo e Sangre de unicornio
Fálase
O Celta empata ante a Real Sociedad en Anoeta (1-1) cun gol de Nolito nos últimos minutos.
O comité de empresa e a dirección de Lantero chegan a un acordo que anula os 56 despedimentos previstos pola compañía e pon fin a 118 días de folga. Os traballadores e traballadoras ratificaron o acordo na mañá deste sábado en asemblea e retomarán a actividade dende este mesmo luns.
Compromiso por Galicia constitúe a súa Comisión Organizativa das Municipais 2015. O secretario xeral da formación, Xoán Bascuas, salienta que o proceso de primarias abertas está tendo “unha moi boa acollida”.
Un dos peritos que analizan o accidente do Alvia conclúe que Adif, a empresa pública xestora da liña, non analizou os riscos. Outra das peritaxes detecta unha roda do tren "non apta para a circulación", un fallo que non foi atopado pola Comisión de Fomento que analizou o sinistro; porén, descártase que esta fose a causa do sucedido.
Fenosa probará equipos con líquidos tóxicos no Cabo Vilán, espazo protexido. A Xunta autoriza que o proxecto se tramite sen avaliar o seu impacto ambiental. A situación xa foi denunciada pola SGHN
O Deportivo derrota o Eibar (2-0) con goles de Lucas e Cavaleiro e suma tres importantes puntos na súa loita por manter a categoría
A Facultade de Filoloxía da USC organiza o vindeiro mércores un debate sobre "a gheada, o seseo e os localismos no uso público". Participarán o profesor Xosé Luís Regueira (USC); o coordinador de lingüistas da CRTVG, Paulino Novo; a presentadora da TVG Lorena Pose; e o actor Federico Pérez.
Marcial Dorado, condenado a seis anos de cadea e a unha multa de máis de 20 millóns de euros por branqueo de capitais. A Audiencia Nacional considérao o "xefe" dunha organización que traficaba con estupefacientes.
O Parlamento galego pide a Interior que revise o asilo político de Hassana Aalia. Todos os grupos reclaman ao Ministerio que revise a petición do activista saharuí, que agradeceu o apoio de sindicatos, partidos e asociacións e amosou a súa confianza en que se varíe a intención do Goberno central.