Marcial Dorado, condenado a seis anos de cadea e a unha multa de máis de 20 millóns de euros por branqueo de capitais. A Audiencia Nacional considérao o "xefe" dunha organización que traficaba con estupefacientes.
Fálase
O Parlamento galego pide a Interior que revise o asilo político de Hassana Aalia. Todos os grupos reclaman ao Ministerio que revise a petición do activista saharuí, que agradeceu o apoio de sindicatos, partidos e asociacións e amosou a súa confianza en que se varíe a intención do Goberno central.
O TSXG anula a libre designación dos xefes de área de xestión clínica. O Superior estima parcialmente o recurso imposto contra o decreto que as regula e impón a Sanidade a "necesaria concorrencia dos principios de mérito e capacidade".
Dimiten dous dirixentes de NNGG de Asturias por posar coa bandeira franquista. Os dous directivos das mocidades do PP en Llanes admiten o seu erro pero dinse estrañados pola polémica.
Xosé María Álvarez Blázquez foi homenaxeado este xoves en Vigo no centenario do seu nacemento. A Casa Galega da Cultura acolleu un acto no que ducias de estudantes reinterpretaron musicalmente algúns dos poemas do autor
El Diario analiza as razóns e os efectos da decisión do BCE de dificultar o financiamento de Grecia, que foi contestada este xoves por unha gran manifestación na praza Syntagma.
Podemos integra Equo nas súas listas ás eleccións andaluzas. A eurodeputada Teresa Rodríguez presenta unha lista baixo a denominación Andalucía Sembrando Futuro para as primarias da formación de cara aos comicios do 22M.
Fortes nevaradas e intenso frío en moitas zonas de Galicia tras unha noite con importantes xeadas. A cota de neve descendeu aos 400 metros e reclámase precaución nas estradas polas placas de xeo. Foto de @4gotas_com.
A Xunta lanza en ano electoral a maior oferta de emprego público, con 1.200 prazas. Son un total de 446 postos para profesores, 344 para sanidade e 373 para a Administración xeral.
Fábricas galegas participan nos novos vehículos de Renault e Ford. Firmas de compoñentes traballan nos lanzamentos das multinacionais francesa e estadounidense en Palencia e Almussafes.