Xosé María Álvarez Blázquez foi homenaxeado este xoves en Vigo no centenario do seu nacemento. A Casa Galega da Cultura acolleu un acto no que ducias de estudantes reinterpretaron musicalmente algúns dos poemas do autor
Fálase
El Diario analiza as razóns e os efectos da decisión do BCE de dificultar o financiamento de Grecia, que foi contestada este xoves por unha gran manifestación na praza Syntagma.
Podemos integra Equo nas súas listas ás eleccións andaluzas. A eurodeputada Teresa Rodríguez presenta unha lista baixo a denominación Andalucía Sembrando Futuro para as primarias da formación de cara aos comicios do 22M.
Fortes nevaradas e intenso frío en moitas zonas de Galicia tras unha noite con importantes xeadas. A cota de neve descendeu aos 400 metros e reclámase precaución nas estradas polas placas de xeo. Foto de @4gotas_com.
A Xunta lanza en ano electoral a maior oferta de emprego público, con 1.200 prazas. Son un total de 446 postos para profesores, 344 para sanidade e 373 para a Administración xeral.
Fábricas galegas participan nos novos vehículos de Renault e Ford. Firmas de compoñentes traballan nos lanzamentos das multinacionais francesa e estadounidense en Palencia e Almussafes.
O perito clave de Angrois conclúe que non se analizou o risco da liña. O experto máis independente critica a Adif e Renfe por non instalar sistemas de seguridade na curva onde descarrilou o tren. O Alvia carecía de freos nunha das oito rodas da súa cabeza motriz, segundo conta La Voz de Galicia.
O laboratorio do Sovaldi triplicou as súas ganancias grazas ás menciñas contra a hepatite C. A empresa obtivo un beneficio de 10.500 millóns fronte aos 2.300 de 2013.
Os desfiuzamentos continúan malia a propaganda do Goberno central. Os desaloxos de vivenda habitual medraron un 13,5% no Estado en 2014, segundo datos do INE.
4gotas advirte de novas nevaradas esta noite en Galicia e da formación de placas de xeo derivadas delas.