Fortes nevaradas e intenso frío en moitas zonas de Galicia tras unha noite con importantes xeadas. A cota de neve descendeu aos 400 metros e reclámase precaución nas estradas polas placas de xeo. Foto de @4gotas_com.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/54d46b1712237-b9jrpnqiaaav0tp.jpg)
Fortes nevaradas e intenso frío en moitas zonas de Galicia tras unha noite con importantes xeadas. A cota de neve descendeu aos 400 metros e reclámase precaución nas estradas polas placas de xeo. Foto de @4gotas_com.
A Xunta lanza en ano electoral a maior oferta de emprego público, con 1.200 prazas. Son un total de 446 postos para profesores, 344 para sanidade e 373 para a Administración xeral.
Fábricas galegas participan nos novos vehículos de Renault e Ford. Firmas de compoñentes traballan nos lanzamentos das multinacionais francesa e estadounidense en Palencia e Almussafes.
O perito clave de Angrois conclúe que non se analizou o risco da liña. O experto máis independente critica a Adif e Renfe por non instalar sistemas de seguridade na curva onde descarrilou o tren. O Alvia carecía de freos nunha das oito rodas da súa cabeza motriz, segundo conta La Voz de Galicia.
O laboratorio do Sovaldi triplicou as súas ganancias grazas ás menciñas contra a hepatite C. A empresa obtivo un beneficio de 10.500 millóns fronte aos 2.300 de 2013.
Os desfiuzamentos continúan malia a propaganda do Goberno central. Os desaloxos de vivenda habitual medraron un 13,5% no Estado en 2014, segundo datos do INE.
4gotas advirte de novas nevaradas esta noite en Galicia e da formación de placas de xeo derivadas delas.
Un ex deputado do PP asegura que Esperanza Aguirre participou na autorización das tarxetas black de Caja Madrid
Sanidade teima en negarse en que a unidade que atende infartos no Hospital de Lugo abra as 24 horas. A conselleira Rocío Mosquera contradí o xefe de Cardioloxía do HULA e asegura que a apertura de hemodinámica só en horario de oficina non afecta á supervivencia dos doentes. Mentres, o Concello anuncia que recorrerá ao Valedor do Pobo. Recólleo El Progreso
O PP acusa a oposición de “poñer os intereses duns poucos por diante do interese xeral” no Ofimático da Coruña e engade que “a Xunta ten que priorizar os intereses de máis de 1.100 familias que poderán acceder a unha vivenda protexida neste proxecto”.