Os desfiuzamentos continúan malia a propaganda do Goberno central. Os desaloxos de vivenda habitual medraron un 13,5% no Estado en 2014, segundo datos do INE.
Fálase
4gotas advirte de novas nevaradas esta noite en Galicia e da formación de placas de xeo derivadas delas.
Un ex deputado do PP asegura que Esperanza Aguirre participou na autorización das tarxetas black de Caja Madrid
Sanidade teima en negarse en que a unidade que atende infartos no Hospital de Lugo abra as 24 horas. A conselleira Rocío Mosquera contradí o xefe de Cardioloxía do HULA e asegura que a apertura de hemodinámica só en horario de oficina non afecta á supervivencia dos doentes. Mentres, o Concello anuncia que recorrerá ao Valedor do Pobo. Recólleo El Progreso
O PP acusa a oposición de “poñer os intereses duns poucos por diante do interese xeral” no Ofimático da Coruña e engade que “a Xunta ten que priorizar os intereses de máis de 1.100 familias que poderán acceder a unha vivenda protexida neste proxecto”.
Tsipras advirte de que Grecia "non aceptará máis ordes, especialmente as recibidas por e-mail". Mentres, en Berlín, Alemaña teima ante o ministro grego de Finanzas en non modificar as condicións do rescate e o BCE mantén a presión sobre o país.
A selección galega de fútbol gaélico fai públicas as convocatorias para o Mundial de Abu Dhabi, onde Galicia contará por primeira vez cun combinado oficial nunha competición deportiva.
Tino Saqués faise co CD Lugo tras superar a súa oferta á de Gerard López. Un dos accionistas máis críticos coa actual directiva do club será o novo dirixente da entidade, segundo conta El Progreso.
O xuíz que instrúe o caso de Angrois apercibe a Renfe por "desobediencia" ao non achegarlle os documentos que lle solicita á empresa pública
Eurodeputados de Euskadi, Cataluña e País Valenciá apoian a manifestación do #8F de #QueremosGalego nun vídeo xunto a nacionalista Ana Miranda en Bruxelas.