A selección galega de fútbol gaélico fai públicas as convocatorias para o Mundial de Abu Dhabi, onde Galicia contará por primeira vez cun combinado oficial nunha competición deportiva.
![](https://praza.gal/media/cache/live_image/xornal/uploads/falase/foto/54d385c6185e2-5497f6eca1c1c-gz_gaelico_listado.jpg)
A selección galega de fútbol gaélico fai públicas as convocatorias para o Mundial de Abu Dhabi, onde Galicia contará por primeira vez cun combinado oficial nunha competición deportiva.
Tino Saqués faise co CD Lugo tras superar a súa oferta á de Gerard López. Un dos accionistas máis críticos coa actual directiva do club será o novo dirixente da entidade, segundo conta El Progreso.
O xuíz que instrúe o caso de Angrois apercibe a Renfe por "desobediencia" ao non achegarlle os documentos que lle solicita á empresa pública
Eurodeputados de Euskadi, Cataluña e País Valenciá apoian a manifestación do #8F de #QueremosGalego nun vídeo xunto a nacionalista Ana Miranda en Bruxelas.
Galicia é a autonomía co gasóleo máis caro e onde menos caeu o seu prezo. O tramo autonómico do imposto de hidrocarburos está freando o abaratamento, que é o máis baixo de todo o Estado.
Unha galega inválida e enferma crónica, a piques de ser desafiuzada en Barcelona. Non pode traballar pola súa enfermidade pero non recibe ingreso ningún do Estado e queren desaloxala por non poder pagar o aluguer.
O Goberno central culpa a Xunta dun sobrecusto na depuradora de Vigo. Madrid exixe cinco millóns polo atraso nun permiso.
O BCE corta o apoio financeiro aos bancos gregos para forzar o fracaso de Syriza e do seu Goberno. Non aceptará a débeda grega como garantía dos préstamos que concede aos bancos do país para prestarlles diñeiro e manter a súa liquidez.
IU racha en Madrid e Tania Sánchez abandona a coalición para formar un novo partido e lograr "a unidade popular".
O voceiro do PP español na Eurocámara, González Pons, insta a Tsipras a ir "de la manita" a pagar a débeda de Grecia utilizando unha foto da xuntanza do primeiro ministro grego co presidente da Comisión Europea