O PP acusa a oposición de “poñer os intereses duns poucos por diante do interese xeral” no Ofimático da Coruña e engade que “a Xunta ten que priorizar os intereses de máis de 1.100 familias que poderán acceder a unha vivenda protexida neste proxecto”.
Fálase
Tsipras advirte de que Grecia "non aceptará máis ordes, especialmente as recibidas por e-mail". Mentres, en Berlín, Alemaña teima ante o ministro grego de Finanzas en non modificar as condicións do rescate e o BCE mantén a presión sobre o país.
A selección galega de fútbol gaélico fai públicas as convocatorias para o Mundial de Abu Dhabi, onde Galicia contará por primeira vez cun combinado oficial nunha competición deportiva.
Tino Saqués faise co CD Lugo tras superar a súa oferta á de Gerard López. Un dos accionistas máis críticos coa actual directiva do club será o novo dirixente da entidade, segundo conta El Progreso.
O xuíz que instrúe o caso de Angrois apercibe a Renfe por "desobediencia" ao non achegarlle os documentos que lle solicita á empresa pública
Eurodeputados de Euskadi, Cataluña e País Valenciá apoian a manifestación do #8F de #QueremosGalego nun vídeo xunto a nacionalista Ana Miranda en Bruxelas.
Galicia é a autonomía co gasóleo máis caro e onde menos caeu o seu prezo. O tramo autonómico do imposto de hidrocarburos está freando o abaratamento, que é o máis baixo de todo o Estado.
Unha galega inválida e enferma crónica, a piques de ser desafiuzada en Barcelona. Non pode traballar pola súa enfermidade pero non recibe ingreso ningún do Estado e queren desaloxala por non poder pagar o aluguer.
O Goberno central culpa a Xunta dun sobrecusto na depuradora de Vigo. Madrid exixe cinco millóns polo atraso nun permiso.
O BCE corta o apoio financeiro aos bancos gregos para forzar o fracaso de Syriza e do seu Goberno. Non aceptará a débeda grega como garantía dos préstamos que concede aos bancos do país para prestarlles diñeiro e manter a súa liquidez.